I Congreso Internacional Estudos de Xénero na Era Dixital
- Modalidade:
- Online
- Datas:
- 6 e 7 de novembro de 2025
O Congreso Internacional sobre Estudos de Xénero na Era Dixital, organizado polo Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero (Universidade de Santiago de Compostela na Galiza) e o Centro de Estudos Sociais (Universidade de Coimbra en Portugal) é un encontro para o debate intelectual, a investigación innovadora e a colaboración sobre as tecnoloxías dixitais e os modos en que estas, coa súa rápida evolución, poden influír nas relacións de xénero.
O congreso contará con conferencias de especialistas en estudos de xénero e transición dixital, así como con discusións en mesas de debate sobre os temas relevantes.
Implicacións da transición dixital nas desigualdades de xénero, incluíndo o aceso á tecnoloxía, a alfabetización dixital e os impactos do xénero nas mudanzas tecnolóxicas, no ámbito social, cultural e económico.
Representacións, identidades e normatividade de xénero en ambientes online, incluíndo redes sociais, xogos e comunidades virtuais e os seus impactos nas relacións de xénero no mundo real.
Impactos da IA nas relacións de xénero, nas representacións sociais e nas estruturas de poder. A IA incorpora un potencial de transformación profunda no aceso ao coñecemento e na produción artística e científica que importa discutir desde unha perspectiva de xénero.
Espazo para as diferentes interpretacións e movementos que constitúen o ciberfeminismo, a fin de analizarmos como as teorías, as prácticas e os activismos feministas están a se reorganizar e/ou a mobilizar en resposta aos desafíos e oportunidades suscitados por tecnoloxías e espazos dixitais.
Convidamos a enviar comunicacións que aborden os temas das áreas anteriores, sen excluírmos outros igualmente relevantes no ámbito do congreso.
O envío debe consistir nun resumo que teña como máximo 2500 caracteres (obxectivos, metodoloxía e conclusións, título, autoría e afiliación). Idiomas: galego, portugués e español.
Recepción dos resumos até o 19 de setembro de 2025 a través de:
Todas as propostas serán sometidas a un proceso de revisión por pares e as finalmente aceptadas presentaranse no congreso.
Algúns traballos seleccionados serán considerados para publicación en monográfico da revista Ex aequo.
Inscrición gratuíta. Actividade financiada pola Deputación da Coruña.
Formulario de inscrición