Quen somos
O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX), fundado en 2006, enmárcase no contexto dos centros propios da Universidade de Santiago de Compostela e conta co apoio expreso de institucións e organismos extra-universitarios considerados de interese político social. Os seus cometidos inclúen a investigación, a docencia e o asesoramento en materia de xénero dentro da USC e ao servizo da sociedade galega.
Información
Contacto
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n. Campus Norte
15782 Santiago de Compostela
- Directora
- Teresa Moure
- Coordinadora de Investigación
- Eva Aguayo Lorenzo
- Coordinadora de Docencia
- Begoña Gómez Vázquez
- Coordinadora de Asesoramento
- Guadalupe Jiménez Esquinas
- Coordinadora Campus de Lugo
- Ana Cabana Iglesia
Integrantes
-
Ana María Porto Castro
Doutora en Educación e licenciada en Psicoloxía, é profesora titular na USC. Directora do Instituto de Ciencias da Educación e Coordinadora do Programa de Doutoramento en Educación da USC. Forma parte do grupo de fundadoras do CIFEX. Autora de publicacións científicas sobre xénero e educación e investigadora en proxectos de carácter nacional, autonómico e local sobre xénero, educación e inserción laboral, violencia de xénero e xénero e ruralidade.
-
María Luciana Sánchez Iglesias
Licenciada en Socioloxía pola Universidad de Buenos Aires, Mestrado en Igualdade, Xénero e Educación pola USC é actualmente doutoranda do CIFEX, cunha tese sobre a organización dos coidados e percepcións das persoas coidadoras en Galiza.
-
Alba Alonso Álvarez
Doutora en Políticas e Profesora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC, é integrante do grupo de investigación Rede Armela. As súas principais liñas de investigación abordan o desenvolvemento das políticas de igualdade e o papel dos actores antifeministas. Ten publicado en revistas como Gender & Politics, European Journal of Women's Studies ou Social Politics.
-
Jorge García Marín
Profesor titular de Socioloxía da USC. Interesado en temáticas de xénero desde o comezo da súa traxectoria investigadora, participou na fundación do CIFEX e na implantación de materias de xénero nas titulacións de Maxisterio. Responsábel académico do único mestrado de xénero que existe actualmente no sistema universitario galego (Master en Igualdade, Xénero e Educación da USC), a súa investigación céntrase nas identidades masculinas e na análise dos medios de comunicación na conformación das identidades de xénero.
-
Ofelia Rey Castelao
Catedrática de Historia Moderna na USC. Ten dirixido vinte e catro teses de doutoramento e máis de vintecinco proxectos nacionais e internacionais. A súa nutrida investigación céntrase no campo de Historia das Mulleres no contexto galego. Premio Wonenburger (2011). Premio Nacional de Historia de España (2022) pola súa obra El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna.
-
María Curros Espiño
Graduada en Educación Infantil con Mestrado en Igualdade, Xénero e Educación. Actualmente está a facer o doutoramento en Marketing Político, Actores e Institucións Contemporáneas cunha tese sobre a percepción da violencia dixital entre adolescentes
-
Sara Calvete Lorenzo
Profesora na Facultade de Ciencias da Comunicación, como contratada predoutoral e IFP no Grupo de Estudos Audiovisuais onde está desenvolvendo a tese O Triplo Corte: como despedazar o corpo feminino na pantalla. É parte do Grupo de Innovación Docente COMVIRTINDO e do CIFEX, ambos os dous da USC.
-
María Jesús Souto Blanco
Doutora en Historia Contemporánea e profesora do Departamento de Historia da USC. As súas primeiras publicacións abordan o tema da represión franquista na provincia de Lugo. Dirixiu dous proxectos de investigación de financiación pública introducindo a perspectiva de xénero no tratamento da represión en varios ámbitos xurídicos, enfoque que orientou os seus últimos traballos.
-
Milena Villar Varela
Profesora Axudante doutora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC. As súas principais liñas de investigación son as pedagoxías feministas e a coeducación; a pedagoxía feminista ecoanimal; as violencias de xénero 2.0; o acoso e as competencias emocionais docentes. Pertence ao Grupo galego de estudos para a formación e inserción laboral (GEFIL) e ao Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU).
-
aixa permuy
Profesora Axudante Doutora na Área de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación do Departamento de Pedagoxía e Didáctica, interesada no desenvolvemento teórico-práctico da pedagoxía feminista e queer dos afectos, aplicada a: corporalidades e afectos; amor - vínculos - formas de organizarse afectivamente; coidados, benestar e convivencia; disidencias.
-
Nélida Lamelas Castellanos
Profesora do Departamento de Economía Aplicada da USC. Docente no Mestrado de Igualdade Xénero e Educación, participou en congresos nacionais e internacionais e publicou artigos en revistas sobre temas docentes e desenvolvemento socioeconómico latinoamericano, desde a perspectiva de xénero. Obtivo recoñecemento en varias edicións dos Premios á introdución da perspectiva de xénero na docencia da USC.
-
Teresa Moure
Profesora Titular de Lingüística Xeral na USC. Integrante do CIFEX desde a súa fundación e docente no Mestrado de Igualdade, Xénero e Educación. As súas liñas de investigación inclúen a epistemoloxía con perspectiva de xénero e a sociolingüística (eco)feminista. Premio á Introdución na perspectiva de xénero na docencia (2020) e na Investigación (2021). Desenvolve tamén un labor literario (que a crítica cualifica como voz feminista) polo que obtivo diferentes premios e as súas obras están traducidas a varias linguas. Dirixe o CIFEX desde 2022.
-
Josefa Mosteiro García
Profesora Contratada Doutora na USC. Integrante do CIFEX desde os seus inicios. Secretaria do Instituto de Ciencias da Educación da USC e da Asociación Interuniversitaria de Investigación en Pedagoxía (AIDIPE). Docente do Mestrado Universitario en Igualdade, Xénero e Educación da USC e de cursos dirixidos a fomentar o coñecemento en materia de igualdade de xénero. Autora de publicacións científicas sobre xénero e educación e investigadora en proxectos sobre xénero, educación e inserción laboral; violencia de xénero e xénero e ruralidade.
-
Alicia Villalba Sánchez
Doutora en Dereito, é Profesora na área de Dereito mercantil e do traballo da USC. Está integrada en dous proxectos de investigación do MINECO onde estuda a discriminación interseccional no acceso ao emprego e á formación profesional. Na súa traxectoria investigadora destacan os seus traballos relativos á protección das traballadoras embarazadas, á discriminación das traballadoras do fogar ou ao acoso no ámbito universitario.
-
Luzia Oca
Profesora axudante doutora de Antropoloxía Social na USC, foi profesora auxiliar na Univ. de Trás-os-Montes e Alto Douro (2004-2022). A súas liñas de investigación céntrase en xénero e migracións, xénero e turismo e nos coidados transnacionais. Coordinou diversos proxectos de intervención social, aplicando métodos participativos con perspectiva feminista, en Galiza e Cabo Verde, onde tamén participou en investigacións en cooperación ao desenvolvemento.
-
Begoña Gómez Vázquez
Doutora en Socioloxía pola USC onde exerce como profesora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía. Secretaria da comisión académica do Mestrado en Igualdade, Xénero e Educación. Foi Coordinadora das catro edicións do Título Propio Mestrado en Educación, Xénero e Igualdade da USC, Membro da Comisión de Redacción do Programa de Doutoramento Educación, Xénero e Igualdade e Premio da USC á Introdución da Perspectiva de Xénero na Investigación (2011). A súa investigación céntrase nas relacións de xénero, procesos de socialización, medios de comunicación e cambio social. Forma parte do Consello do CIFEX.
-
Natalia Paleo Mosquera
Profesora axudante doutora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC, forma parte do grupo de investigación Armela. As súas liñas de investigación principais consisten na análise das políticas públicas de xénero, as políticas sociais, a participación das mulleres e o pensamento feminista. Na súa traxectoria profesional destaca tamén a experiencia directa no deseño de políticas de xénero en varias administracións públicas, como a Generalitat de Catalunya, a Deputación de Barcelona, o Concello de Granollers ou o de Santiago de Compostela.
-
Manuela Palacios
Profesora Titular de Filoloxía Inglesa na USC. Dirixiu seis proxectos de investigación sobre as escritoras galegas e irlandesas actuais financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación. A súa monografía Us & Them. Women Writers’ Discourses on Foreignness vén de ser publicada por Frank & Timme (Berlín 2023).
-
Yolanda Martínez Suárez
Licenciada en Xornalismo e Doutora en Filosofía, é profesora na área de Filosofía Moral e Política da USC. Forma parte do grupo de investigación Xustiza e Igualdade (POLIS-USC) e do equipo do proxecto I+D Reproducción biológica, reproducción social y esfera pública (REPRODUCE). Imparte docencia nos Graos de Filosofía e Biotecnoloxía, no Mestrado de Igualdade e no de Filosofía, que actualmente coordina. As súas liñas de investigación xiran en torno aos suxeitos emerxentes, a cidadanía, a xustiza e a igualdade.
-
Beatriz Busto Miramontes
Doutora en antropoloxía social e cultural e profesora na Facultade de Filosofía da USC. Investigadora na Rede Galabra, o seu perfil céntrase na violencia executada sobre as mulleres a partir do estudo do folclore no franquismo e da arquitectura do estereotipo cultural da Galiza como dispositivo narrativo do poder patriarco-colonial. Por Um pais a la gallega. Galiza no NO-DO franquista obtivo o Premio Follas Novas do Libro Galego 2022. Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Investigación (2022).
-
Lorena Añón Loureiro
Profesora axudante doutora en Ciencias Sociais e do Comportamento USC. Conta con ampla experiencia docente en materias vinculadas aos feminismos e á identidade de xénero. Integrante do Grupo de Investigación Social e Políticas Públicas (ISOPOLIS) da USC e do Grupo de Estudos en Traballo Social, Investigación e Transferencia da UVigo A súa carreira investigadora está centrada en estudos sobre pornografía, prostitución e trata con fins de explotación sexual, políticas de inclusión social e procesos migratorios. Ten experiencia profesional como traballadora social en intervención con mulleres e violencia machista.
-
Enrique Latorre Ruiz
Doutor en Filosofía da Ciencia pola USC, onde actualmente traballa como docente do departamento de Filosofía e Antropoloxía compaxinando esta tarefa coa investigación no grupo de tecnoloxía educativa Tecnoeduc. Os seus intereses céntranse nos estudos feministas da ciencia e a tecnoloxía, as epistemoloxías feministas e queer-crip e a filosofía da medicina.
-
Isabel Diz Otero
Profesora contratada doutora do Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC, forma parte do grupo de investigación Rede Armela. A súas principais liñas de investigación abranguen os ámbitos dos parlamentos, as elites parlamentarias, a participación da muller e as políticas públicas de xénero. Foi a primeira coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC.
-
Marta Pérez Pereiro
Profesora titular da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, onde imparte materias relacionadas coa produción cinematográfica e a cultura audiovisual contemporánea. As súas liñas de investigación son os pequenos cinemas, sobre todo o cinema galego, o xénero no cinema e o humor na comunicación. Actualmente é Delegada do reitor para a Igualdade.
-
Rita Mª Radl Philipp
Profesora emérita na USC, onde foi catedrática de Socioloxía, forma parte do grupo de fundadoras do CIFEX e foi a súa directora entre 2006 e 2022. Foi tamén a primeira coordinadora do Mestrado Educación, Xénero e Igualdade da USC. Presidenta e fundadora do Comité de Investigación Nacional Socioloxía do Xénero da FES. Investigadora pioneira e profesora invitada en diversas universidades, é autora de múltiples publicacións, fundamentalmente sobre teoría e epistemoloxía feminista, violencia contra as mulleres e educación e roles de xénero.
-
Pablo Soto Casas
Mestrado en Igualdade, Xénero e Educación, é actualmente doutorando na USC. Na súa tese de doutoramento céntrase en como se constrúen as identidades de xénero a través das interacción sociais na vida diaria e como estas se elaboran xunto aos produtos culturais. Actualmente traballa como Persoal de Apoio á Investigación (PAI) para o CIFEX.
-
Encina Calvo Iglesias
Profesora titular no Departamento de Física Aplicada da USC, é autora da Guía para unha docencia universitaria con perspectiva de xénero de Física (Xarxa Vives d’ Universitats). Premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia da USC (2018) e na investigación (2022). Integrante do comité científico de congresos e xurados relacionados coa igualdade de xénero, pertence ao comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 UVigo e ao grupo de traballo 4.2 do Observatorio Mujeres, Ciencia e innovación do MCI. Coordinadora do programa Unha enxeñeira ou científica en cada cole da USC.
-
Guadalupe Jiménez Esquinas
Profesora de Antropoloxía na USC. Doutora internacional pola UPV/EHU e Mestrado en Estudos de Xénero, o seu traballo enmárcase nos estudos críticos do patrimonio e céntrase na análise feminista dos procesos de patrimonialización. Premio Micaela Portilla á mellor tese sobre estudos feministas (2018), Premio da USC á Introdución da perspectiva de xénero na investigación (2017). Ademais da súa traxectoria académica, tamén é nai dende 2011. Forma parte do Consello do CIFEX.
-
Ana Cabana Iglesia
Profesora titular do Departamento de Historia. Membro do Grupo de Investigación de Referencia Competitiva Histagra e adscrita ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Premio á introdución da perspectiva de xénero na investigación na USC (2023). A súa relación co estudo do xénero vén unido á historia rural sendo as mulleres do agro e a construción das súas feminidades ao longo do século XX o seu campo privilexiado de estudo. Forma parte do Consello do CIFEX.
-
Eva Cernadas García
Profesora titular da área de Ciencias da Computación e Intelixencia artificial e investigadora vinculada ao CiTIUS da USC. Ocúpase do deseño de novas técnicas de visión por computador e aprendizaxe automática para resolver problemas nos ámbitos da bioloxía, tecnoloxía dos alimentos ou medicina. Premio á introdución da perspectiva de xénero na docencia (2021). Participa na promoción da igualdade deseñando obradoiros para educación infantil e primaria ou promovendo o concurso INFORMATIZATE para estudantado non universitario.
-
Eva Aguayo Lorenzo
Profesora contratada doutora de Economía Cuantitativa da USC. Coordinadora do grupo de innovación docente GID-EBA. Foi coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da USC entre 2012 e 2022. Coordinadora do grupo de traballo Docencia e formación con perspectiva de xénero na sectorial CRUE-Sostenibilidad (2018-20) e na rede estatal de unidades de igualdade universitarias RUIGEU (2021-22). Premio á Introdución da perspectiva de xénero na docencia da USC (2011). As súas liñas de investigación xiran ao redor da econometría aplicada, da economía de xénero e feminista e dos indicadores de xénero. Forma parte do Consello do CIFEX.